publicidad

farodevigo.es | Experiencias coa censura franquista

Por Xoxé Luis Méndez Ferrín. A exposición "Editar en galego baixo a censura franquista", unha colección documental na Fundación Penzol de Vigo, fíxome remoer moito sobre as miñas experiencias naquel período sombrío. […] Moitos anos máis tarde, en 1972, eu sometín á censura outro conto, titulado esta vez "Elipsis", no que, tamén nun país imaxinario outro (e o mesmo) asasino fascista é submetido á xustiza popular despois de triunfar a Revolución. O segundo conto viu a luz sen problemas na revista do Centro Galego de Baracaldo pero non puido figurar no libro titulado igualmente "Elipsis", porque a censura tachou a totalidade do relato cunha aspa en lapis vermello. Sigue leyendo